TR880A – Axudas ao Empreendemento para 2025

Obxecto: Subvencións ao EMPRENDEMENTO para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais e mutualistas, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro de 2023. Esta convocatoria está dirixida a iniciativas de emprendemento na Comunidade Autónoma de Galicia.

A quen vai dirixido? Poderán ser beneficiarias estas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e pequenas e medianas empresas que cumpran os requisitos establecidos na regulación, incluíndo a constitución ou alta durante o período especificado e que non estean sancionadas conforme a normativas previas.

Prazo de presentación: O prazo para presentar solicitudes é do 21 de maio de 2025 ata o 30 de xuño de 2025. As solicitudes deben presentarse electrónicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación: As solicitudes deben acompañarse da documentación necesaria como contrato ou documento de creación da entidade, censo de obrigados tributarios e outras certificacións que xustifiquen a alta e actividade económica.

Normativa: Orde do 28 de abril de 2025

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

 

2025 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA