SI429A – PROGRAMA EMEGA

PLAZO TERMINADO

Convocatoria 2024

O Programa Emega ten por obxecto apoiar e fomentar o emprendemento feminino en Galicia e a creación de emprego para mulleres. A través de este programa, calquera empresa privada constituída por mulleres poderá acceder a diferentes liñas de axudas:

  • Liña Emprende: Axudas económicas para fomentar novas iniciativas empresariais.
  • Liña Activa: Incentivos para a reactivación e consolidación de empresas en dificultade.
  • Liña ITEF: Axudas para iniciativas empresariais innovadoras.
  • Axuda complementaria Concilia: Destinada a promover a conciliación familiar e laboral.

Requisitos:

As beneficiarias deben ser empresas privadas formadas por mulleres, que inicien a súa actividade económica entre o 1 de agosto de 2023 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Ademais, a administración da empresa debe estar composta exclusivamente por mulleres.

Prazo de presentación: 28/08/2024 – 27/09/2024

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa: Orde do 13 de agosto de 2024

Estado: PECHADO

CO300D – SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto: Concesión de subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a execución de proxectos do programa de comercio circular.

A quen vai dirixido: Poderán ser beneficiarias/os das subvencións comerciantes retallistas con tenda física, obradoiros artesáns e asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro que reúnan os requisitos establecidos.

Requisitos:

  • Programa Eco-pack: Comerciantes retallistas con tenda en Galicia, obradores artesáns rexistrados en Galicia, e asociacións de comerciantes.
  • Programa Avanza téxtil: Pemes e persoas autónomas do sector téxtil.
  • Programa Re-circular: Pemes e persoas autónomas do sector téxtil.

Non poderán ser beneficiarias: Empresas en crise e aqueles que foron obxecto de reintegro total de axudas nos últimos dous anos.

Normativa: Orde do 30 de xullo de 2024, DOG nº 156 do 13 de agosto de 2024. Ver normativa

Prazo de presentación: PECHADO (14/08/2024 00:00 – 13/09/2024 23:59).

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

TR349W – Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto:
Este programa ten como obxectivo favorecer a contratación de mulleres desempregadas en ocupacións tradicionalmente masculinizadas, aumentando a súa representación en estas áreas. As empresas que contraten mulleres en ocupacións masculinizado recibirán incentivos económicos.

A quen vai dirixido?
Poderán beneficiarse todas as empresas, incluídas autónomos e sociedades civís, que contraten mulleres para traballos en Galicia. Este programa non está dirixido a administracións públicas ou entidades afíns.

Requisitos:
As empresas que contan con 50 ou máis traballadoras deberán garantir un 2% da súa plantilla a persoas con discapacidade. Non se permiten entidades que estean excluídas dos beneficios de programas de emprego por infraccións.

Prazo de presentación:
19/07/2024 00:0030/09/2024 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes xa está pechado.

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa: Orde do 9 de xullo de 2024

Esta normativa establece as bases para este programa de aprovisionamento en Galicia.

TR353D – Bono Remuda para o fomento do traspaso de negocios polo remuda xeracional

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto: A concesión das axudas do Bono Remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional.

A quen vai dirixido? Poderán ser beneficiarias do Bono remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais dadas de alta no RETA, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude.

Requisitos:

  • O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e estar en Galicia cun mínimo de antigüidade de 5 anos.
  • Non ter transcorrido máis de 12 meses entre a publicación da orde e a baixa no RETA da persoa que titulariza o negocio.
  • O negocio debe estar inscrito na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia.
  • A transmisión debe materializarse mediante contrato de traspaso ou venda do negocio, elevado a escritura pública.
  • Realizar o cambio de titularidade da licenza de apertura no concello.
  • As beneficiarias deben ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións desta axuda.

Prazo de presentación: 07/06/2024 00:00 – 30/10/2024 23:59

Normativa: Orde do 23 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras (DOG nº 109 do 6 de xuño de 2024). Ver normativa

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

TR353C – PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL MOCIDADE

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto: A convocatoria busca mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para prácticas profesionais, que lles proporcionen competencias laborais.

A quen vai dirixido? Persoas e empresas que contraten mozas traballadoras por conta allea en Galicia. Inclúe empresas, persoas autónomas, e centros especiais de emprego, pero non administracións públicas.

Requisitos:

  • Non poderán ser beneficiarias as administracións públicas, sociedades públicas, e entidades sen ánimo de lucro.
  • Declaración responsable na solicitude que confirme o cumprimento dos requisitos establecidos.

Documentación para a presentación: Solicitudes deben presentarse por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e se requiren diversos documentos para xustificar as solicitudes.

Prazo: 23/05/2024 00:00 – 30/09/2024 23:59 (Prazo pechado)

Normativa: Ámbito Autonómico, Orde do 6 de maio de 2024. Para máis detalles, consulta a normativa aquí.

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

TR880A – Axudas ao Emprendemento 2024

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto: Estas subvencións están dirixidas a persoas traballadoras autónomas, pequenas e medianas empresas (incluíndo cooperativas e sociedades laborais) que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022, na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo é apoiar iniciativas de emprendemento para a anualidade 2024.

A quen vai dirixido? Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, así como as sociedades cooperativas, laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que cumpran os requisitos específicos establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes era dende 12 de febreiro de 2024 ata 5 de setembro de 2024, agás que se esgotase o crédito.

Requisitos: Os solicitantes deberán cumprir varios requisitos, entre eles ter o domicilio fiscal en Galicia e estar ao día nas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

Normativa: Esta subvención está regulada na
Orde do 16 de xaneiro de 2024.

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

CO300C – Subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal.

PLAZO TERMINADO

 

Estas axudas están dirixidas á concesión de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal. O obxecto é apoiar a actividade comercial, facilitando o acceso a novas tecnoloxías e a mellora da competitividade de pequenos negocios e obradoiros artesáns.

A quen vai dirixido? Estas subvencións están destinadas a persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens e unidades económicas legalmente constituídas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.

Requisitos:

  • Os solicitantes deben ser comerciantes retallistas ou obradoiros artesáns dados de alta en rexistros específicos.
  • Non se admitirán empresas en crise ou aquelas que xa recibiran axudas para as mesmas actuacións no 2023.

Prazo de presentación: O prazo para a presentación de solicitudes foi dende 03/02/2024 00:00 ata 04/03/2024 23:59.

Para información máis detallada, pode consultar a normativa.

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

TR349F – Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto: Este programa ten como obxectivo promover a contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas por parte de traballadores autónomos ou profesionais con domicilio fiscal en Galicia. Inclúense:

  • Bono de contratación: subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
  • Bono de formación: dirixido a persoas contratadas para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades.

A quen vai dirixido? As axudas están dirixidas a traballadores autónomos ou profesionais que realicen a primeira, segunda ou terceira contratación indefinida. Non poderán solicitarse as persoas que non cumpran os requisitos estipulados pola Lei 9/2007.

Requisitos: As contratacións deben realizarse dentro do período subvencionable, que vai do 30 de setembro de 2023 ao 29 de setembro de 2024.

Plazo de presentación: PECHADO desde o 5 de febreiro de 2024 até 29 de setembro de 2024.

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa: Orde do 28 de decembro de 2023

TR341R – Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto: Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas en Galicia.

A quen vai dirixido?

  • Persoas traballadoras dadas de alta no RETA ou en réxime de traballadores do mar.
  • Persoas mutualistas ou membros de sociedades mercantís, laborais ou civís.

Requisitos:

  • Domicilio fiscal na comunidade autónoma de Galicia.
  • Desenvolvemento da actividade empresarial en Galicia.
  • Cumpir cos requisitos da presente orde e a Lei 9/2007.
  • Exclusión de socias de cooperativas e autónomas colaboradoras.

Tipoloxías de axudas:

  1. Bono Autónomo Concilia I: Para quen estea de baixa por maternidade ou paternidade.
  2. Bono Autónomo Concilia II: Acreditación de parentesco coa persoa dependente.
  3. Bono Autónomo Concilia III: Acreditación da contratación dun centro ou servizo de coidado.

Prazo de presentación: 25/01/2024 00:00 – 30/09/2024 23:59

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa: Orde do 2 de xaneiro de 2024

TR341Q – Bono das Persoas Autónomas

PLAZO TERMINADO

 

Convocatoria 2024

Prazo de presentación: PECHADO (29/01/2024 00:00 – 30/09/2024 23:59)

Obxecto

Concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Detalle da Subvención

Esta axuda está destinada a mellorar a competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias. Se concederá un 60% da actividade subvencionada, cun límite máximo de 7.000 euros por conxunto de actividades subvencionables.

Tipos de inversións subvencionables

  • Compra de maquinaria.
  • Instalacións para a eficiencia enerxética.
  • Substitución de combustibles fósiles.
  • Compra de ferramentas.
  • Reforma dos locais de negocio.
  • Equipamento informático e de oficina.
  • Rótulos e deseño de marca.
  • Desenvolvemento de páxinas web e apps.

Os bens adquiridos deberán ser utilizados para o fin específico da subvención por un período mínimo de cinco anos.

Quién pode solicitar?

Están dirixidas a persoas traballadoras autónomas e sociedades con domicilio fiscal en Galicia que cumpran requisitos específicos de facturación e antigüidade.

Normativa

Orde do 28 de decembro de 2023 – Bases reguladoras

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

2025 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA