Convocatoria 2025
O prazo de presentación das solicitudes comezará o 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025. Este programa ten como obxecto incentivar a contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempleadas realizadas por traballadoras autónomas en Galicia. Ofrece dúas axudas principais:
- Bono de contratación: subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
- Bono de formación: opcional para accións formativas que melloren as competencias dos novos empregados.
A quen vai dirixido? As axudas están destinadas a persoas traballadoras autónomas ou profesionais con domicilio fiscal en Galicia que realicen a primeira, segunda ou terceira contratación indefinida inicial.
A presentación das solicitudes debe realizarse de maneira electrónica a través do formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para máis información, consulte a normativa que regula este programa.
Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net