TR790A – Programa Nova Oportunidade

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto: Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.

A quen vai dirixido? As persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, que queren volver a emprender.

Requisitos:

  1. Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024, e atoparse de alta no momento da solicitude.
  2. Ter a última alta no RETA antes desta nova alta, dentro dos últimos 3 anos desde a data da publicación desta orde.
  3. Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos no réxime especial de traballadores autónomos.
  4. Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva.
  5. Transcorrer un período mínimo de seis meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.
  6. Ter o domicilio fiscal en Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
  7. Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
  8. Ter dado a baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente.

Prazo de presentación: PECHADO: 23/01/2024 00:0031/10/2024 23:59

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

Normativa: Orde do 28 de decembro de 2023

2024 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA