Obxecto: A convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lle faciliten a inserción laboral, coa finalidade última de proporcionar a estas persoas unha primeira experiencia no emprego, promovendo a súa empregabilidad e a retención do talento mozo na nosa Comunidade Autónoma.
A quen vai dirixido? Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas. Este programa tamén permite a participación de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral, que contraten persoas mozas para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación: 27/05/2025 – 30/09/2025. O prazo xeral comenzará o sétimo día natural despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Requisitos: Non poderán ser entidades beneficiarias as administracións públicas, sociedades públicas, e aquelas entidades que incumpran coa normativa en materia de subvencións. As solicitudes deben presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación necesaria: As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, incluíndo un formulario normalizado que estará dispoñible na sede da Xunta de Galicia.
Normativa: Orde do 5 de maio de 2025
Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net