TR353D – Bono Remuda para o fomento do traspaso de negocios polo remuda xeracional

PLAZO TERMINADO

 

Obxecto: A concesión das axudas do Bono Remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional.

A quen vai dirixido? Poderán ser beneficiarias do Bono remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais dadas de alta no RETA, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude.

Requisitos:

  • O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e estar en Galicia cun mínimo de antigüidade de 5 anos.
  • Non ter transcorrido máis de 12 meses entre a publicación da orde e a baixa no RETA da persoa que titulariza o negocio.
  • O negocio debe estar inscrito na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia.
  • A transmisión debe materializarse mediante contrato de traspaso ou venda do negocio, elevado a escritura pública.
  • Realizar o cambio de titularidade da licenza de apertura no concello.
  • As beneficiarias deben ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións desta axuda.

Prazo de presentación: 07/06/2024 00:00 – 30/10/2024 23:59

Normativa: Orde do 23 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras (DOG nº 109 do 6 de xuño de 2024). Ver normativa

Contacto:
Teléfono: 986 33 37 57
Email: lupe@gestem.net

2024 ® Gestem
Unión Europea

Desarrollado por QUADRALIA