|
Obxecto:
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2010 dos incentivos á contratación indefinida das persoas traballadoras coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal coa finalidade de favorecer a inserción laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a través dos seguintes programas:
I. Programa de fomento da contratación indefinida inicial
II. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos
III. Programa de incentivos á contratación temporal
Â
Contratacións subvencionables a partir do 16 de septembro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos nesta orde,as empresas, calquera que sexa a forma xurÃdica que adopten, incluÃdos os autónomos, as sociedades civÃs e as comunidades de bens, aÃnda que carezan de personalidade xurÃdica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
I. Programa de fomento da contratación indefinida inicial
Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se realicen con algún dos seguintes colectivos:
• Persoas desempregadas de longa duración.
• Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.
• Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
• Mozas e mozos desempregados de 30 ou menos anos de idade, sen cualificación.
• As persoas desempregadas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vÃtima de violencia de xénero.
ContÃas
6.000 euros, cando a empresa teña no mes de contratación unha taxa de estabilidade igual ou superior á establecida no seu convenio especÃfico ou, no seu defecto, ao 75%, e 4.000 euros para as restantes empresas.
Estas contÃas incrementaranse cando as contratacións se realicen con mulleres, cando se formalicen por microempresas, é decir aquelas empresas nas que a media aritmética do cadro de persoal no ámbito territorial de Galicia da empresa nos 12 meses anteriores á contratación obxecto de subvención sexa inferior a 10 traballadores, e especialmente cando esta microempresa radique nun concello rural.
II. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos
Nas microempresas serán subvencionables ao abeiro deste programa as transformacións en indefinidos de calquera modalidade de contrato temporal.
No resto das empresas, serán subvencionables as transformacións en indefinidos de calquera modalidade de contrato temporal sempre que se leve a cabo unha contratación indefinida inicial realizada cun traballador pertencente a un destes colectivos: -Persoas desempregadas de longa duración.-Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.-Persoas desempregadas maiores de 45 anos.-Mozas e mozos desempregados de 30 ou menos anos de idade, sen cualificación e as persoas desempregadas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vÃtima de violencia de xénero.-Persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.
Esta contratación indefinida inicial deberá realizarse entre o 16 de setembro de 2009 e o 30 de xuño de 2010, e en todo caso ambas as dúas contratacións deberán realizarse antes da presentación da solicitude de subvención.
Non obstante no caso de mozas e mozos que na data da celebración do contrato temporal que se transforma tiveran 30 ou menos anos de idade, só poderán transformar os contratos das modalidades en prácticas, para a formación, de revezamento e de substitución por anticipación da idade de xubilación, aún cando as empresas manteñen a obriga de realizar unha contratación indefinida cos anteriores colectivos.
No caso de persoas desempregadas pertencentes aos colectivos en risco de exclusión social,incentivaranse todas as transformacións de contratos temporais en indefinidos, calquera que sexa a modalidade do contrato temporal e tamaño da empresa. ContÃas 3.000 euros, cando as transformacións se realicen por unha empresa que teña no mes da contratación unha taxa de estabilidade igual ou superior á establecida no seu convenio especÃfico ou, no seu defecto ao 75%, e 2.000 euros, nas restantes empresas.
III. Programa de incentivos á contratación temporal
Os contratos de interinidade sempre que se realicen con persoas desempregadas e para substituÃr a persoas traballadoras en excedencia por coidado de familiares, por un perÃodo non inferior a catro meses nin superior a tres anos, e sempre que se trate dunha excedencia con reserva de posto de traballo, ou teña unha redución de xornada de traballo por motivos familiares, incentivaranse cunha axuda de 1.800 euros, que se reducirá proporcionalmente cando a súa duración sexa por un perÃodo inferior a un ano.
Calquera modalidade contractual de carácter temporal, cunha duración mÃnima de 6 meses, que se realicen con persoas desempregadas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social, se incentivarán en función da duración do contrato, cunha contÃa de 2.520 euros a 5.040 euros.
Persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos en risco de exclusión social:
- Persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia, aquelas que non poidan acceder a ela, ben por falta do perÃodo esixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o perÃodo máximo de percepción legalmente establecido, e os membros da súa unidade familiar que se atopen en situación de desemprego.
- Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.
- Persoas internas de centros penitenciarios cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, asà como liberados/as condicionais ou ex-reclusos/as que non tivesen antes un emprego fixo remunerado tras un perÃodo de privación de liberdade.
- Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral.
- Persoas que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao mercado laboral.
- Persoas transexuais ou en proceso de reasignación sexual.
- Persoas menores de idade internas incluÃdas no ámbito de aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, asà como os/as que estean en situación de liberdade vixiada e os ex-reclusos e ex-reclusas.
- Persoas que estean ou estivesen ata a súa maiorÃa de idade baixo a tutela ou garda da Administración autonómica.
- Persoas traballadoras inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade autónoma, cuxas caracterÃsticas condicionen a súa integración social.
- Persoas emigrantes retornadas con graves necesidades persoais ou familiares.
- Persoas que formen parte de colectivos ou minorÃas cuxas caracterÃsticas poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.
Prazo de solicitudes:
Para o ano 2010, o prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de xuño de 2010.
Programa operativo:
Estas axudas están cofinanciadas nunha porcentaxe do 80% polo Fondo Social Europeo, a través do Programa Operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007, no eixo 2 temas prioritarios 66, 69 e 71, e no eixo 1 tema prioritario 63.
|